Sinapsina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dominio c da sinapsina IA do cerebro bovino.

A sinapsina é unha familia de proteínas codificada por dous xenes. Constitúen aproximadamente ao redor do 9% da proteína total da membrana das vesículas sinápticas. Posúen un extremo N-terminal que pode ser fosforilable por unha proteína quinasa dependente de AMPc o pola calcio-calmodulina quinasa I. A maiores, as sinapsinas Ia e Ib poden ser fosforiladas tamén pola calcio-calmodulina quinasa II preto do extremo C-terminal. Esta última rexión non se atopa noutras sinapsinas, polo que non dispoñen desta segunda opción.

A sinapsina ten un papel básico no funcionamento das vesículas sinápticas, diferenciando se están libres ou unidas á membrana presináptica. A estimulación nerviosa produce a entrada de calcio na neurona presináptica. As calmodulinas quinasas actúan entón sobre a sinapsina, fosforilándoa. Cando se produce esta acción, evítase a unión das vesículas ao citoesqueleto e desfaise se a vesícula xa estaba ancorada ao citoesqueleto.

Estas dúas accións netamente producen o incremento da reserva libre de vesículas. A calcio-calmodulina pode unirse á sinapsina e bloquear de xeito competitivo a interacción desta coa actina. Existen ademais outras interaccións aínda non probadas co resto de proteínas do citoesqueleto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]