Simon Cowell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Simon Cowell en 2008

Simon Phillip Cowell, nado o 7 de outubro de 1959 en Brighton, é un empresario e personalidade televisiva inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É famoso no Reino Unido e os Estados Unidos polo seu papel de xuíz en programas da televisión como Pop Idol, American Idol, The X Factor e Britain's Got Talent, tamén é o propietario da produtora de televisión e música Syco. Cowell é coñecido polas súas críticas ásperas, controvertidas e polos seus insultos ós concursantes e ás súas habilidades. É o creador da franquía de programas Got Talent, X Factor e do grupo musical Il Divo.