Simin Behbahani
Nome orixinal | (fa) سیمین بهبهانی |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fa) Siminbar Khalili 20 de xullo de 1927 Teherán, Irán |
Morte | 19 de agosto de 2014 (87 anos) Teherán, Irán |
Lugar de sepultura | Behesht-e Zahra (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irán (1979–2014) Irã Pahlavi (pt) (1927–1979) |
Educación | Universidade de Teerã (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa , letrista , escritora , compositora de cancións |
Período de actividade | 1941 - 2014 |
Lingua | Lingua persa |
Familia | |
Pais | Abbās Khalili e Fakhr-e Ozmā Arghun |
Parentes | Jaʻfar al-Khalili (en) (tío paterno) Abolhassan Tahami Nejad (en) (xenro) |
Premios
| |
Simin Behbahani (persa: سیمین بهبهانی, tamén transcrito como Bihbahani), nada en Teherán o 20 de xullo de 1927 e finada na mesma cidade o 19 de agosto de 2014, foi unha escritora e activista iraniana. É coñecida pola súa obra poética no estilo ghazal. Foi unha icona da poesía persa moderna, e da intelligentsia e a literatura iraniana, coñecida como "a leoa de Irán".[1][2] Foi nomeada dúas veces ao Premio Nobel de Literatura, en 1999 e 2002, e recibiu diversos recoñecementos en todo o mundo[3], como o Premio de Poesía Janus Pannonius do PEN Club de Hungría en 2013[4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Simin Behbahani, nada co nome de Simin Khalili (persa: سیمین خلیلی)[5] (سيمين خليلی), foi a filla de Abbās Khalili (عباس خلیلی), poeta, escritor e editor do xornal Eghdām ("Acción"), e Fakhr-e Ozmā Arghun (فخرعظمی ارغون), poeta e profesora de lingua francesa. Comezou a escribir poesía aos doce anos, e publicou o seu primeiro poema aos catorce. Usou o estilo "Char Pareh" de Nima Yooshij, e despois comezou a escribir ghazal. Behbahani contribuíu a un desenvolvemento histórico do xénero engadindo elementos teatrais e eventos e conversas cotiás ao estilo da poesía ghazal, expandindo o uso do verso tradicional persa.
Obra[editar | editar a fonte]
- Seh-tar-e Shekasteh ("O laúde roto", 1951)
- Ja-ye Pa ("A pegada", 1954)
- Chelcheragh ("Candelabro", 1955)
- Marmar ("Mármore", 1961)
- Rastakhiz ("Resurrección", 1971)
- Khatti ze Sor'at va Atash ("Unha liña de velocidade e lume", 1980)
- Dasht-e Arzhan ("Chaira de Arzhan", 1983)
- Kaghazin Jameh ("Vestido de papel", 1992)
- Yek Daricheh Azadi ("Unha fiestra de liberdade", 1995)
- Shayad ke Masihast ("Quizais é o mesías", 2003; escolma bilingüe, traducido ao inglés por Ali Salami)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Martin, Douglas (21 de agosto de 2014). "Simin Behbahani, Outspoken Iranian Poet, Dies at 87". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 5 de xuño de 2019.
- ↑ Keshavarz, Fatemeh (13 de xullo de 2007). "Banishing the Ghosts of Iran". The Chronicle Review of Higher Education. p. B6. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Mike Shuster (17 de marzo de 2010). "Tehran Halts Travel By Poet Called 'Lioness Of Iran'". NPR.
- ↑ "Laureates: 2013 Simin Behbahani". Janus Pannonius Grand Prize for Poetry. 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2019.
- ↑ Behbahani era o apelido do seu primeiro marido.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Chopra, R. M. (2010): Eminent Poetesses of Persian. Kolkata: Iran Society.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simin Behbahani |
- Biografía de Simin Behbahani, na web Iran Chamber (en inglés).
- "A Poet Who 'Never Sold Her Pen or Soul'". The Washington Post. 9 de xuño de 2006.