Ourizo do mar

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Erizo de mar.3 - Coruña.JPG
Píldora raiada comendo un ourizo do mar


O ourizo do mar ou ourizo mariño é un animal mariño pertencente á clase dos equinodermos (do grego echinos, "espiñas", e derma, "pel").

[editar] Morfoloxía

Recoñécense por teren un aspecto máis ou menos esférico e estaren recubertos de espiñas. A única parte que está exenta de espiñas é a boca, que está situada na parte inferior da esfera, a cal leva a rentes do chan. Ten un esquelete calcario, de calcio, moi duro e que queda descuberto cando o animal morre.

[editar] Locomoción

Como medio de locomoción emprega as espiñas, as cales son móbeis.

[editar] Sexualidade

Tódolos equinoideos son dioicos, existen un macho e unha femia diferenciados. O macho posúe púas longas, delgadas e agudas, mentres que a femia tenas curtas e romas.

Ferramentas persoais