Simbad, o mariñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Simbad o Mariñeiro é un relato coñecido en todo o mundo debido ao libro As mil e unha noites, obra á que non pertencía nas súas orixes que lle deu moita máis fama a este relato que ao de "Simbad o Terrestre", tamén tradicional e protagonizado por un viaxeiro diferente pero de idéntico nome.

Segundo René Khawan, tradutor e crítico libanés, o relato das aventuras de "Simbad o Mariñeiro" só foi introducido nas Noites cara aos inicios do século XVIII, e con moita cautela, ao abeiro da fantasía dos copistas. Así, a primeira edición impresa en árabe d'As mil e unha noites (Calcuta, 1814-1818) inclúe este relato coma un anexo ao final do libro e só se integra no seu esquema a partir da edición exipcia de 1835, e dun modo resumido e expurgado.

Segundo o relato, Simbad viaxou sete veces, vivindo en cada ocasión unha máis emocionante aventura. Crese que orixinariamente moitos destes relatos están inspirados nA Odisea de Homero.

A historia[editar | editar a fonte]

O inicio: Simbad o Porteiro e Simbad o Mariñeiro[editar | editar a fonte]

As mil e unha noites, a colección de relatos na que atopamos esta historia, adopta a forma de contos que a fermosa Xerezade, unha doncela, lle conta ao rei Sharyar. Este tiña como costume deitarse cada noite cunha doncela virxe que mandaba executar á mañá seguinte xa que estaba convencido de que non atoparía unha muller con boas virtudes. Por iso as historias que lle conta Xerezade teñen a finalidade de manter vivo o interese do sultán para que este desexe escoitala ao día seguinte. Isto acontece no período de mil e unha noites. Na fin da noite número 536 Xerezade dá o escenario dos contos de Simbad. Nos días de Haroun Al-Rashid, califa de Bagdad, un cargador (o que transporta as mercadorías polos demais no mercado e en toda a cidade) senta para descansar nun banco á porta dunha casa dun rico comerciante. Alí quéixase a Alá pola inxustiza dun mundo que lles permite aos ricos vivir na facilidade mentres el debe traballar e segue a ser pobre. O propietario da casa escoita os seus lamentos e chámao. Os dous chámanse Simbad. O rico dille ao pobre como chegou a ser o que era por Fortuna e Destino no transcurso de sete marabillosas viaxes que logo procede a contar.

A primeira viaxe de Simbad o Mariñeiro[editar | editar a fonte]

Despois de desbaldir a riqueza que lle deixara o seu pai, Simbad vai ao mar para recuperar a súa fortuna. Establécese en terra non que parece ser unha illa, pero esta resulta ser un xigantesco peixe ou balea na que as árbores botaran raíces polo longo tempo que estivera durmindo preto da superficie. O peixe somérxese nas profundidades, e o buque zarpa sen Simbad que se salvará pola oportunidade de ter un bocoi enviadopola graza de Alá. Chega a unha illa na que se lava e o rei, amigo seu, o nomea capitán de porto. Un día o propio buque de Simbad chega ao porto e recupera os seus bens. O rei dálle un rico presente e regresa a Bagdad, onde volve á súa vida de facilidade e pracer.

Na fin da historia Simbad o Mariñeiro regálalle ao Cargador un cento de pezas de ouro e promételle máis se volve o día seguinte para escoitar.

A segunda viaxe de Simbad o Mariñeiro[editar | editar a fonte]

Na segunda xornada do conto de Simbad (pero a noite 549 de Xerezade xa que interrompe o conto cada mañá para burlar as intencións do rei), Simbad o Mariñeiro conta a forma na que creceu a súa inquietude na súa vida de lecer e como se botou de novo ao mar posuído pola idea de viaxar polo mundo dos homes e de ver as súas cidades e illas. Abandonado accidentalmente polo seu buque, encóntrase varado nun inaccesible val de serpes xigantes, e mesmo xigantescas aves, os rocs, que depredan sobre eles. O chan do val está alfombrado con diamantes que os comerciantes colleitan lanzando enormes anacos de carne no val. As aves levarán estes anacos de carne ata os seus niños, a onde chegan os homes para recoller os diamantes que chegan pegados a ela. O espelido Simbad ata un dos anacos de carne ás súas costas e un paxaro acaba por levalo ata o seu niño, no que enche un gran saco de pedras preciosas. Rescatado polos comerciantes, regresa a Bagadad cunha fortuna en diamantes, vendo moitas marabillas no camiño.

A terceira viaxe de Simbad o Mariñeiro[editar | editar a fonte]

Ansioso de viaxes e aventuras, Simbad embarca de novo en Basora. Por casualidade el e os seus compañeiros chegan a unha illa na que son capturados por unha enorme criatura á semellanza dun home, de cor negra,... cos ollos como brasas de lume e os dentes coma cairos de xabarín e unha gran mandíbula coma a boca dun pozo. Por outra banda, ten beizos coma os dun camelo, colgando ata o seu peito, as orellas caen sobre os ombros e as unllas das súas mans eran coma as gadoupas dun león. Este monstro comeza a comer a tripulación, primeiro o Mestre, que é o máis gordo. Na edición de Burton, este toma nota de que o xigante é claramente Polifemo.

Simbad pensa un plan para cegar o xigante cun ferro incandescente. El e o resto dos homes puideron entón escapar. Despois de novas aventuras (entre elas unha xigantesca serpe pitón da cal escapa grazas á súa intelixencia), regresa a Bagdad, máis rico ca nunca, onde lles deron esmola e xenerosidade á viúva e o orfo, coma acción de grazas polo meu feliz regreso, e esqueceron todas as penas, mentres que comía ben, bebía ben e vestía ben, logo de todo o que caera sobre min e todos os perigos e penas que sufrira.

A cuarta viaxe de Simbad o Mariñeiro[editar | editar a fonte]

Dada a súa inquietude, Simbad volve ao mar e, como é costume, naufraga e encóntrase cuns salvaxes espidos. A alimentación dos seus compañeiros é unha herba que os priva da razón e que os engorda para a mesa. Simbad négase a comer a loucura da indución da planta e cando os caníbais perden o interese nel, escapa. Un barco de recolectores de pementa transpórtao a unha illa na que o rei amiga con el e lle regala unha fermosa e acaudalada muller. Simbad coñece moi tarde un curioso costume desa terra: cando unha persoa morre, o seu cónxuxe é sepultando en vida con ela coas súas mellores roupas e xoias. A esposa de Simbad cae enferma e morre pouco despois deixando a Simbad atrapado nunha caverna subterránea, unha timba comunal, cun xerro de auga e sete pezas de pan. Cando estes víveres están a piques de se esgotar, outra parella (o marido morto, a muller aínda viva) aparece na caverna. Simbad golpea á esposa ata a morte e queda coas súas racións.

Eses episodios seguen. Pronto Simbad acada unha importante reserva de pan e auga, así coma de ouro e xoias dos cadáveres, pero aínda non puido escapar. Ata que un día un animal salvaxe amósalle unha pasaxe para o exterior, moi por riba do mar. Dende alí pasa un buque que o rescata e que o leva a Bagdad, onde dá esmola aos pobres e volve á vida de pracer.

A quinta viaxe de Simbad o Mariñeiro[editar | editar a fonte]

Unha rocha escachando o barco de Simbad.

Cando xa estivera un tempo en terra logo da miña cuarta viaxe, e cando na miña comodidade e praceres cheos de posibilidades e na ledicia das miñas grandes ganancias e beneficios, esquecera todo o que padecera de perigos e sufrimentos, o carnal home foi cativado unha vez máis polo desexo de viaxar e ver os países estranxeiros e as illas. Simbad volve ao mar e, ao pasar por unha illas deserta, a tripulación atopa un ovo xigante que Simbad recoñece coma pertencente a un roc. Por curiosidade a tripulación desembarca para velo e acaba rompéndoo e utiliza o polo coma comida. Simbad recoñece inmediatamente a loucora do seu comportamenteo e ordena que todos volvan aos buques.

Porén, os rocs enfurecidos pronto se dan de conta do buque e tratan de destruílo deixando caer rochas xigantes que levaban nas súas poutas. Naufraga unha vez máis e Simbad é escravizado polo Vello do Mar, que cabalga sobre os seus ombreiros coas súas pernas tortas e rodea o pescozo de Simbad e non o deixa fuxir cabalgándoo de día e de noite. Iso fai que Simbad acabe vendo con agrado a morte.

Finalmente el fai viño e convence ao Vello do Mar para que o beba. Entón, cando se descoida, mátao despois de embebedalo e escapa. Un barco lévao ata a cidade dos Simios, un lugar cuxos habitantes pasan cada noite en embarcacións mentres a súa cidade fica á mercé dos monos comedores de homes. Porén, mediante unha enxeñosa treta, Simbad recupera a súa fortuna grazas aos simios. Unha vez máis encontra un barco que o leva de volta a Bagdad.