Sicón II de Salerno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sicón II foi o príncipe longobardo de Salerno do 851 ao 853. Morreu en 855.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo e sucesor do primeiro príncipe de Salerno, Siconulfo, reinou do 851, ano da morte do pai e da constitución do Principado, ata a súa deposición no 853. Foille atribuído o ordinal "II" como sucesor, na parte meridional de Italia, de Sicón I de Benevento.

Á morte do pai, Sicón era aínda menor de idade e puxérono baixo a tutela de Pedro. Tras apenas dous anos de rexencia, Pedro depuxo ao príncipe, que se viu obrigado a fuxir ao norte onda o emperador Luís II. Segundo o Chronicon Salernitanum, chegou á maioría de idade no '855 e volveu a Salerno a reclamar o trono, pero o envelenaron en Capua uns sicarios de Ademaro, o fillo do conde Pedro, quen o sucedera ilegalmente no trono.