Pedro de Salerno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro de Salerno (m. 853) foi un príncipe longobardo de Salerno no 853.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Titor e rexente do príncipe de Salerno Sicón II, que sucedera ao seu pai cando era aínda menor de idade, levou a rexencia do 851 ao 853, cando usurpou o trono e destituíu a Sicón, que se refuxiou no norte de Italia. A toma do poder foille confirmada en decembro do 853 polo emperador Luís II, pero Pedro morreu antes do fin dese ano. Deixou o principado ao seu fillo Ademaro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]