Shin Chan: A invasión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Shin Chan: A invasión
Título orixinal クレヨンしんちゃん アクション仮面vsハイグレ魔王
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Mitsuru Hongo
Produtor
Guión Yoshito Usui
Baseado en
Intérpretes
Música Yasuo Kosugi
Fotografía
Montaxe
Estudio Shin Ei Animation
Distribuidor Luk Internacional (Galicia)
Ano 1993
Duración 90 minutos
País Flag of Japan.svg Xapón
Xénero Animación
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior Shin Chan: Na procura das bólas perdidas
Filme seguinte Shin Chan: Operación rescate
Ficha en IMDb

Shin Chan: A invasión (クレヨンしんちゃん アクション仮面vsハイグレ魔王 Crayon Shin-chan: Action Kamen vs Haigure Maô?) é un filme de animación baseado en no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 24 de xullo do 1993.

En galego, saíu á venda en DVD o 24 de marzo do 2004, sen ser proxectada nos cinemas.

Argumento[editar | editar a fonte]

Entre os nenos está de moda a colección de cromos do Ultraheroe. O cromo número 99 é moi difícil de conseguir, e é chamado 'o cromo pantasma'. Shin Chan entra coa súa nai nunha tenda moi antiga e merca unha caixa na que precisamente se atopa o cromo número 99. É de cor dourada e brilla moito.

Aproveitando que é verán, a familia Nohara sae de viaxe á praia, pero hai moito tráfico e deciden coller un camiño alternativo que os conduce ata unha praia deserta, onde hai unha grande estatua do Ultraheroe. A figura é un parque de atraccións nos que só están os Nohara.

Estes montan no que cren que é un simulador, pero accionado polo cromo número 99, son transportados a unha dimensión paralela, que semella ser o mundo real, onde Shin Chan se transforma nun superheroe coa misión de frear unha invasión de alieníxenas que pretenden poñerlle un bañador de muller a tódolos seres humanos.

Dobraxe[editar | editar a fonte]

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2003.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Reparto da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
Flag of Japan.svg
Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa
Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya
Mimiko Teresa Santamaría Etsuko Kozakura
Nevado Montse Davila Mari Mashiba
Ultraheroe Óscar Fernández Tessho Genda
Ririko Chelo Díaz Etsuko Kozakura
Raíña Cachas Antón Rubal Roko Takizawa
Profesor Paco Barreiro Hiroshi Masuoka
Barón do Tanga Xoán Diéguez Daisuke Gori
  • Voces adicionais:
▪ Andrés Bellas.
▪ Coté Sansegundo.

Música[editar | editar a fonte]

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 僕は永遠のお子様 (Hei ser cativo para sempre) interpretada por Miyuki Kajinati.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]