Severiano Castillo Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSeveriano Castillo Alonso
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Reboreda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntipógrafo , político Editar o valor em Wikidata

Severiano Castillo Alonso, nado en Tui en 1904 e finado en Reboreda (Redondela) o 13 de setembro de 1936, foi un tipógrafo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tipógrafo no Porriño. Secretario da Casa do Pobo do Porriño. En maio de 1934 foi detido con Modesto Martínez Lemos, Albino Fernández Castro, Camilo Fernández Castro, Ventura Fernández Castro, Manuel Rodríguez Sequeiros, Saturnino Álvarez Sotelino, Evaristo Freiría Fernández e Atilano Fernández Gamallo, polos sucesos do apedreamento e rotura de cristais da igrexa parroquial do Porriño o 1 de maio, que deribou nun conflito con folga xeral e carga dos gardas de asalto.[1] Xulgados en Pontevedra ante o Tribunal de Urxencia, foron absoltos.[2][3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O Xulgado militar de Tui citouno para que se presentara a principios de setembro xunto con Eduardo Fernández Miniño, Evaristo Freiría Fernández, Antonio Alonso Ríos, Hermenegildo Losada Loureiro, Guillermo Vicente Santiago, Manuel Romero González, Ulpiano Benito Piña, José Felipe Muñoz, Jesús González González e José Bernardo Pérez Alonso.[4] Foi detido no monte con Evaristo Freiría a finais de agosto. Torturado, foi asasinado no quilómetro 3 da estrada de Redondela-Fornelos na parroquia de Reboreda o 13 de setembro de 1936.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Moreira, e foi pai de Floreal Liberto Castillo Moreira.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 25-5-1934, p. 11.
  2. El País, 25-5-1934, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 26-5-1934, p. 13.
  4. El Pueblo Gallego, 6-9-1936, p. 8.
  5. El Pueblo Gallego, 12-5-1935, p. 14.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]