Sergio González Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergio
Información persoal
Nome Sergio González Martínez
Nacemento 14 de maio de 1997
Lugar de nacemento Cartaxena
Altura 1,84 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Tenerife
Número 5
Carreira xuvenil
La Manga
La Unión
2011–2013 Cartagena
2013–2016 Cádiz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2020 Cádiz B 127 (10)
2016–2021 Cádiz 21 (0)
2021 Tenerife 15 (1)
2021– Tenerife 79 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Sergio González Martínez, nado en Cartaxena o 14 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga de defensa central no Tenerife, da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse en La Manga del Mar Menor e comezou a xogar ao fútbol nun club da vila mariñeira. Posteriormente pasou polo CD La Unión e polo Cartagena, ata que en 2013 se trasladou a Cádiz, terra de seu pai, para ingresar na canteira do Cádiz.[1] Debutou co Cádiz B na Terceira División o 17 de maio de 2015, nunha derrota por 2-3 ante o CD Mairena, co equipo matematicamente descendido a Primeira Andaluza.[1]

Un ano menos dous días despois debutou co primeiro equipo na Segunda División B, nunha vitoria por 0-1 ante o Real Jaén na última xornada.[2] Co equipo xa clasificado para a promoción de ascenso, Álvaro Cervera deulle a titularidade, colocándoo no centro da zaga xunto a Servando Sánchez. O equipo amarelo acabou conseguindo o ascenso.[1]

A continuación subiu definitivamente ao filial, afianzándose na titularidade durante os seguintes anos, nos que conseguiu un ascenso a Terceira e outro a Segunda B.[1] Na tempada 2019/20 compaxinou o filial co primeiro equipo e disputou con este último 18 encontros, contribuíndo ao ascenso do equipo á Primeira División.

Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2020/21, a derrota por 0-2 ante Osasuna no Nuevo Mirandilla. Con todo, uns días despois o club prohibiulle adestrar cos seus compañeiros e deulle a baixa federativa, o que provocou unha denuncia pública da Asociación de Futbolistas Españois (AFE).[3] En xaneiro de 2021 foi cedido ao Tenerife polo que restaba da campaña,[4] e trala fin da cesión asinou un contrato por tres anos co club canario.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "El cartagenero con alma gaditana" (en castelán). 5 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2023. 
  2. "Real Jaén 0-1 Cádiz CF: Una alegría antes del juicio final" (en castelán). 15 de maio de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2023. 
  3. Bejarano, Isabelo (30 de setembro de 2020). "AFE acusa al Cádiz de vulnerar los derechos de sus trabajadores en el caso de Sergio González". Marca (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2023. 
  4. "Sergio González jugará en el Tenerife hasta final de temporada" (en castelán). 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2023. 
  5. "Sergio González, nuevo jugador del CD Tenerife para las próximas tres temporadas" (en castelán). 21 de xullo de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]