Senescal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Senescal era un alto funcionario de palacio. O cargo de senescal existía na maior parte das cortes reais ou principados medievais da Europa occidental. Segundo as rexións ou os países, o labor do senescal era diferente. A palabra senescal procede do vocábulo latino senex (ancián) e vocábulo xermánico skalk (servidor), e significa "servidor de máis idade", "decano dos servidores". O título correspondente nas cortes da Europa do Este era o de stolnic, derivado da palabra eslava stol (mesa).