Selena
| Selena | |
|---|---|
| Nome completo | Selena Quintanilla-Perez |
| Alias | A raíña da música texana |
| Naceu | 16 de abril de 1971 |
| Orixe | |
| Morreu | 31 de marzo de 1995 |
| Ocupación (s) | Vocalistas |
| Xénero | Feminino |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | Mezzo-soprano |
| Selo(s) discográfico (s) | EMI Records/EMI Latin |
| Relacionado con | Abraham Quintanilla III |
| Tempo en activo | 1982 - 1995 |
| Web | Web |
Selena Quintanilla Pérez, coñecida artisticamente como Selena, nada en Lake Jackson (Texas) o 16 de abril de 1971 e finada en Corpus Christi (Texas) o 31 de marzo de 1995, foi unha cantante mexicano-estadounidense texana.
Traxectoria [editar]
Selena foi chamada "A raíña da música texana". Comezou a cantar no restaurante do seu pai a principios da década de 1980. Lanzou o seu primeiro disco en 1984, e en 1989 fichouna a EMI Latin Records, coa que vendeu máis de 20.000 copias. O seu álbum de 1990, Ven Conmigo, converteuse no primeiro disco de ouro texano. En 1992 lanzou Entre a mi mundo, que tamén foi disco de ouro. En 1993 o álbum Selena Live! gañou un premio Grammy ao mellor álbum mexicano-americano. En 1994 Selena lanzou o seu último álbum, Amor Prohibido, que vendeu máis de 22 millóns de copias en todo o mundo. O álbum axudou a Selena a introducirse no mercado de fala inglesa. O álbum Dreaming of You vendeu 175.000 copias o mesmo día do seu lanzamento, e acadou un total de 4 millóns de copias.[1]
En 1992 Selena casou co seu guitarrista, Chris Perez. Selena morreu traxicamente o 31 de marzo de 1995, asasinada pola presidenta do seu clube de fans. En 1997 fíxose unha película sobre a súa vida, na que o seu papel foi interpretado por Jennifer Lopez.
Discografía [editar]
- Vexa o artigo principal en: Discografía de Selena
- Selena y Los Dinos (1984)
- The New Girl In Town (1985)
- Alpha (1986)
- Munequito de Trapo (1987)
- And The Winner Is... (1987)
- Preciosa (1988)
- Dulce Amor (1988)
- Selena (1989)
- Ven Conmigo (1990)
- Entre a mi mundo (1992)
- Selena Live! (1993)
- Amor Prohibido (1994)
- Dreaming of You (1995)