Seavia, Coristanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seavia
Torre de Nogueira.
ConcelloCoristanco[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°09′36″N 8°44′19″O / 43.1601, -8.7387Coordenadas: 43°09′36″N 8°44′19″O / 43.1601, -8.7387
Área24 km²
Poboación808 hab. (2018)
Densidade33,67 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mamede de Seavia é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 808 habitantes (409 mulleres e 399 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.069 habitantes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Seavia: parece ser de orixe celta a partir dun antigo "Senavia" que puido ser nun principio "Senabriga" ("a fortaleza vella"); de ser certa esta suposición a palabra Seavia viría a ser "o río(avia) vello(seno)". Arixón sería o nome dun posesor latifundista da Idade Media e semella o resto dun antigo xenitivo en -oni. Amboade agocha un xenitivo involati que, a partir do lexema latino "(villa) Involati", daría o actual topónimo. Algo similar sucede con Segufe procedente dunha granxa ou explotación agrícola de Segulfus "(villa) Segulfiti". O mesmo pode dicirse de Buxán que viría doutro profesor "Busianus". Cerqueirás, Freixeiro, Nogueira e As Salgueiras farían referencia á presenza de carballos cerqueiros,freixos, nogueiras e salgueiros, respectivamente. A Rabadeira parece querer indicar unha ribeira ou encosta dun río ou regato. Mira pode vir da raíz prerromana "mir" co significado de auga, río. O Rodeiro viría sendo un cume redondeado e chan.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Mamede de Seavia conserva restos medievais, como os canzorros románicos do beiril dos muros laterais e un dos antigos rosetóns. Da época megalítica no Inventario de un patrimonio figuran tres mámoas; unha delas no Monte Campelo e as outras dúas na Chousa de Oca, na Rabadeira. Completarían este Inventario a capela de santa Ana, a capela de san Roque, as torres de Nogueira, a casa reitoral, o pazo de Arixón no Rodeiro e a fonte de san Mamede. A maiores, os bens incluídos no PXOM serían: a capela do Rosario(nas Salgueiras), dous cruceiros (Seavia e a Rabadeira), a escola de Seavia, catro hórreos (Nogueira, Marquiño, O Rodeiro e Nogueira) e dúas casas con cubertos e hórreo en Amboade.

No lugar de Nogueira érguese a Torre de Nogueira de planta rectangular, resto dun antigo pazo, con escudos de Moscoso e Bermúdez e entre os lugares de Arixón e O Rodeiro está o Pazo dos Rodríguez-Arixón.[2]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Seavia[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Seavia no concello de Coristanco (A Coruña)

Amboade | Arixón | As Balsiñas | Buxán | O Campelo | Cerqueirás de Arriba | O Corvo | Freixeiro | Mira | Nogueira | A Rabadeira | Rieiro | O Rodeiro | As Salgueiras | Seavia | Segufe | Vilameán

Parroquias de Coristanco[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]