Sealand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plataforma mariña coa Roughs Tower, en 2007.

Sealand ou ben Principado de Sealand é unha micronación autodeclarada como estado pero non recoñecido como entidade pola comunidade internacional.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Proclama como o seu territorio a Roughs Tower, unha ex plataforma mariña usada como forte naval, construída pola Royal Navy en 1942 e localizada no mar do Norte, a dez quilómetros da costa de Suffolk, no Reino Unido, así como augas territoriais nun radio de doce millas náuticas. Sealand está ocupada pola familia e asociados de Paddy Roy Bates, quen se outorgou o título de Alteza Real Príncipe Rei de Sealand. A área habitábel da torre é de 550 m².

A pesar da falta de recoñecemento da súa soberanía e lexitimidade, Sealand é unha das micronacións máis coñecidas do mundo e a miúdo é citada como un caso de estudo da maneira na que os principios de dereito internacional se poden aplicar a un territorio en disputa.

En 2010, Sealand atópase á venda por parte da inmobiliaria española Inmonaranja, debido á avanzada idade e estado de saúde do seu propietario e rei, Paddy Roy Bates.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]