Schimbare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Schimbare
Ficha técnica
Título orixinalSchimbare
DirectorÁlex Sampayo
GuiónBorja F. Caamaño
Álex Sampayo
IntérpretesCandela Peña
Luis Zahera
Sandra Mokrzycka
FotografíaJuan Hernández
EstudioFicción Producciones
Duración91 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Recadación102,00 €[1]
Na rede
IMDB: tt3361074 Filmaffinity: 437809
Facebook: schimbare.la.pelicula Editar o valor em Wikidata

Schimbare é un filme galego de 2014 dirixido por Álex Sampayo rodada orixinalmente en lingua castelá. Conseguiu o galardón ó mellor filme internacional no Festival de Cinema de San Diego.[2]

Na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en oito categorías, conseguindo finalmente facerse cos premios de mellor dirección de produción e mellor son.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Luis e Elvira viaxan a Romanía logo de ter contactado cunha organización criminal. Cando están a piques de chegar ó seu destino reciben unha chamada que os obriga a cambiar de traxectoria. Deben detenerse en Budapest e recoller unha nena de oito anos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Candela Peña como Elvira
  • Luis Zahera como Luis
  • Sandra Mokrzycka como rapaza
  • Maurycy Lyczko como Emil
  • Martijn Kuiper como Radu
  • Huichi Chiu como Jun
  • Mariana Achim como Teodora

Produción[editar | editar a fonte]

O filme rodouse a finais de 2013 entre Galicia e Hungría.[2]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
13ª edición Mellor filme Álex Sampayo Nomeado
Mellor director Álex Sampayo Nomeado
Mellor actriz Candela Peña Nomeada
Mellor dirección de produción Toni Veiga Gañador
Mellor montaxe Álex Sampayo Nomeado
Mellor son David Machado Gañador
Mellor fotografía Juan Hernández Nomeado
Mellor maquillaxe e peiteado Raquel F. Fidalgo Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Schimbare". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 crtvg.es, ed. (30 de setembro de 2014). "A película "Schimbare", participada pola TVG, acada o galardón de Mellor Película Internacional no Festival de San Diego". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]