Sarmizegetusa
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Romanía | |||
Județ | Condado de Hunedoara | |||
Comunas da Roménia (pt) | Orăștioara de Sus (pt) | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 17,83 ha | |||
Sucedido por | Ulpia Traiana Sarmizegetusa (en) | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1999 (23ª Sesión) | |||
Identificador | 906-001 | |||
Historic monument (en) | ||||
Identificador | HD-I-s-A-03190 | |||
Sarmizegetusa foi o máis importante centro militar, relixioso e político dos dacios. Erixida no máis alto dun despeñadero de 1.200 metros de altura, a fortaleza foi o núcleo do sistema defensivo estratéxico das montañas Orăştie, en Romanía, que comprendía seis cidadelas.
Descrición[editar | editar a fonte]
A fortaleza, un cuadrilátero formado por enormes bloques de pedra (muro dacio), foi construída con cinco socalcos, nunha área de case 30.000 m².
Sarmizegetusa foi ademais un recinto sacro. É o máis famoso e importante calendario-santuario circular de todos os grandes santuarios circulares e rectangulares dos dacios.
Os cidadáns vivían ao redor da fortaleza, ao pé da montaña en socalcos artificiais. A nobreza dacia dispuña de subministración de auga, conducida a través de acuedutos cerámicos do tipo cano, nas súas residencias. O inventario arqueolóxico achado no lugar amosou que a sociedade dacia tiña un alto nivel de vida.
Derrotadas as tropas romanas dirixidas polo xeneral Cornelio Fusco polos dacios en 86 e 87, o Imperio romano asinou unha paz pola cal se proporcionaron arquitectos e enxeñeiros romanos (ó do Imperio romano) para a edificación de gran parte da Sarmizegetusa dacia.
A capital dacia acadou o seu momento cume baixo Decébalo, o rei dacio que foi derrotado polo Imperio romano tras dúas guerras, a do (101-102) e a do (105-106), dirixida polo emperador Traxano. Trala derrota dos dacios, os conquistadores estableceron unha gornición militar alí. Máis tarde, a capital da Dacia romana foi chamada Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa, establecida a 40 km ao suroeste das ruínas da antiga capital dacia: a cidade romana foi establecida beiras do río Apa Orasului; este novo asentamento corresponde ao da actual Gradistea Muncelului.
As seis fortalezas - Sarmizegetusa, Blidaru, Piatra Roşie, Costeşti, Căpâlna e Baniţa - que formaron o sistema defensivo de Decébalo, son parte do Patrimonio da Humanidade en Europa da UNESCO.
- Sarmizegetusa é tamén o nome dun municipio da actual Romanía, na depresión Ţara Haţegului, no condado de Hunedoara, onde as ruínas da Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa foron localizadas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sarmizegetusa |