Sarmizegetusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSarmizegetusa
Imaxe

Localización
Mapa
 45°37′22″N 23°18′37″L / 45.6228, 23.3103Coordenadas: 45°37′22″N 23°18′37″L / 45.6228, 23.3103
EstadoRomanía
JudețCondado de Hunedoara
Comunas da Roménia (pt) TraducirOrăștioara de Sus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Xeografía
Parte de
Superficie17,83 ha Editar o valor em Wikidata
Sucedido porUlpia Traiana Sarmizegetusa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1999 (23ª Sesión)
Identificador906-001
Historic monument (en) Traducir
IdentificadorHD-I-s-A-03190

Sarmizegetusa foi o máis importante centro militar, relixioso e político dos dacios. Erixida no máis alto dun despeñadero de 1.200 metros de altura, a fortaleza foi o núcleo do sistema defensivo estratéxico das montañas Orăştie, en Romanía, que comprendía seis cidadelas.

Descrición[editar | editar a fonte]

A fortaleza, un cuadrilátero formado por enormes bloques de pedra (muro dacio), foi construída con cinco socalcos, nunha área de case 30.000 m².

Sarmizegetusa foi ademais un recinto sacro. É o máis famoso e importante calendario-santuario circular de todos os grandes santuarios circulares e rectangulares dos dacios.

Os cidadáns vivían ao redor da fortaleza, ao pé da montaña en socalcos artificiais. A nobreza dacia dispuña de subministración de auga, conducida a través de acuedutos cerámicos do tipo cano, nas súas residencias. O inventario arqueolóxico achado no lugar amosou que a sociedade dacia tiña un alto nivel de vida.

Derrotadas as tropas romanas dirixidas polo xeneral Cornelio Fusco polos dacios en 86 e 87, o Imperio romano asinou unha paz pola cal se proporcionaron arquitectos e enxeñeiros romanos (ó do Imperio romano) para a edificación de gran parte da Sarmizegetusa dacia.

A capital dacia acadou o seu momento cume baixo Decébalo, o rei dacio que foi derrotado polo Imperio romano tras dúas guerras, a do (101-102) e a do (105-106), dirixida polo emperador Traxano. Trala derrota dos dacios, os conquistadores estableceron unha gornición militar alí. Máis tarde, a capital da Dacia romana foi chamada Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa, establecida a 40 km ao suroeste das ruínas da antiga capital dacia: a cidade romana foi establecida beiras do río Apa Orasului; este novo asentamento corresponde ao da actual Gradistea Muncelului.

As seis fortalezas - Sarmizegetusa, Blidaru, Piatra Roşie, Costeşti, Căpâlna e Baniţa - que formaron o sistema defensivo de Decébalo, son parte do Patrimonio da Humanidade en Europa da UNESCO.

  • Sarmizegetusa é tamén o nome dun municipio da actual Romanía, na depresión Ţara Haţegului, no condado de Hunedoara, onde as ruínas da Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa foron localizadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]