Santa Cruz de Abranes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santa Cruz de Abranes (Santa Cruz d'Abranes en lingua leonesa) é unha localidade do concello de Pedralba de la Pradería, pertencente á provincia de Zamora[1].

Nesta pequena localidade consérvase hoxe en día a súa lingua leonesa, chamando a atención a pureza coa que é utilizada polos seus habitantes, moi por enriba doutras localidades da zona[2].

Pertence á bisbarra de Seabra, aínda que ata o século XVIII pertenceu a Portugal, país co que é lindante na actualidade. Encóntrase dentro do espazo natural protexido da Serra da Culebra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://pueblos.elnortedecastilla.es/zamora/sanabria/pedralba_de_la_praderia/datos
  2. Toponimia menor del noroeste de la provincia de Zamora: 3. Santa Cruz d’Abranes (con notas sobre el machuecu curixegu).