Santísima Trinidad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santisima Trinidad.

O Santísima Trinidad, oficialmente Nuestra Señora de la Santísima Trinidad, foi un navío de liña español creado en 1769 e afundido en 1805 trala Batalla de Trafalgar, sendo o buque máis grande da súa época. As súas medidas eran: eslora 67,21 m, manga 17,67 m; e o seu peso aproximado era de 5432 toneladas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Botado en outubro de 1769 nos estaleiros da Habana, foi o único navío de liña de 4 pontes. Estaba construído con madeiras preciosas da mellor calidade; maila isto, a súa gobernabilidade era difícil, e foi mellorado nos estaleiros de Ferrol e Cádiz. A súa tripulación estaba composta por máis de 1000 persoas, e o seu numero máximo de pezas de artilleria foi dunhas 140.

O buque foi capturado na Batalla de Trafalgar despois dun heroico combate, maila os esforzos de españois e ingleses para salvalo trala batalla, as cordas do barco que o remolcaban cara a Xibraltar cortáronse por mor da treboada que aconteceu despois da contenda, afundíndose a unhas 25 millas ao sur de Cádiz.