Salif Keïta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salif Keïta
Mali Salif Keita2 400.jpg
Salif Keïta en Washington, D.C. no 2006.
Alias A Voz de Ouro de África
Naceu 25 de agosto de 1949 (64 anos)
Orixe Djoliba, Mali Malí
Xénero Afropop
Afrobeat
Instrumento(s) Voz
Selo(s) discográfico (s) Universal Music Group
Relacionado con Kélétigui Diabaté
Tempo en activo 1968 – presente
Web http://www.salifkeita.net/

Salif Keïta, nado o 25 de agosto de 1949 en Djoliba, é un músico e cantante de Malí coñecido como A Voz de Ouro de África. De pequeno foi marxinado pola súa condición de albino, signo de mala sorte na cultura mandinga. En 1984 trasládase a París onde comeza a facerse coñecido. A súa música combina os ritmos tradicionais de África Occidental con influencias de Europa e América. Tamén é descendente directo de Sundiata Keïta, fundador do antigo Imperio de Malí.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Soro (Mango, 1987)
  • Ko-Yan (Mango, 1989)
  • Amen (Mango, 1991)
  • Destiny of a Noble Outcast (PolyGram, 1991)
  • Folon (Mango, 1995)
  • Rail Band (Melodie, 1996)
  • Seydou Bathili (Sonodisc, 1997)
  • Papa (Blue Note, 1999)
  • Mama (Capitol, 2000)
  • Sosie (Mellemfolkeligt, 2001)
  • Moffou (Universal Jazz France, 2002)
  • The Best of the Early Years (Wrasse, 2002)
  • Remixes from Moffou (Universal Jazz France, 2004)
  • M'Bemba (Universal Jazz France, 2005)
  • La différence (Emarcy ,2009)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]