Safety

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Safety
EP de Coldplay
Data de edición: 25 de maio de 1998
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: 1998
Estudio(s) de gravación: Sync City Studios
Duración: 14:12
Xénero musical: indie rock
Selo discográfico: autoeditado
Producido por: Coldplay, Nikki Rosetti
Cronoloxía
The Coldplay Safety The Blue Room EP

Safety é un EP da banda inglesa de rock alternativo Coldplay, publicado o 25 de maio de 1998. Foi gravado ao longo dunha semana en maio de 1998, coa intención de crear unha demo para as compañías discográficas. Foi financiado polo grupo e o seu representante Phil Harvey, custando ao redor de 200 libras.

Todos os involucrados no proxecto quedaron tan contentos co produto que finalmente decidiron realizar 500 copias para distribuílas por Londres. Só unhas 50 non chegarían ás tendas de discos, sendo entregadas ás discográficas e ás familias e amigos dos músicos.

As cancións deste EP aparecerían todas en seguintes edicións de Coldplay. "Bigger Stronger" e "Such a Rush" están en The Blue Room EP, e "No More Keeping My Feet on the Ground" foi cara b do sinxelo "Yellow".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Bigger Stronger" – 4:49
  2. "No More Keeping My Feet on the Ground" – 4:31
  3. "Such a Rush" – 4:57