Sacha na Horta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sacha na Horta
OrixeSantiago de Compostela, Galicia Galiza
Período2007 - actualidade
Xénero(s)agro-punkchanga
MembrosGus (batería), Hadri (baixo), Brais (guitarra), Manu (trompeta), Martiho (saxo), María (voz), Mané (voz), Alenya (voz) e Iseo (voz)

Sacha na Horta é un grupo de música xurdido en 2007. O grupo xurdiu no competición musical A polo ghit, organizada pola Radio Galega e Vieiros. Gañaron o primeiro premio coa súa canción "Biocultivos", elixida como canción galega do verán[1]. O premio era unha viaxe a Cuba para actuar na Feira do Libro da Habana. En 2008 deron o seu primeiro concerto no Centro Social da Gentalha do Pichel[2]. Os membros do grupo veñen doutros grupos como Os Festicultores, A Matraca Perversa ou Galegoz.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Temos moito por sachar (2010)
  1. "Fóra do regho"
  2. "Busco amante galegofalante"
  3. "Galiza chamiza"
  4. "Entroido todo o ano"
  5. "Mamá Sarinha"
  • Horta Revolution (2014)
  1. "Luva em alto"
  2. "Horta Revolution"
  3. "Slowly, amigha!"
  4. "O Monte é nosso"
  5. "Cona Revolution"
  6. "Mistos e gasoil"
  7. "Kapire"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sacha na Horta fóra do Regho", artigo no blog Música en galego, decembro de 2012.
  2. Temos moito por sachar, ficha do disco na plataforma A Regueifa.