Sacarrollas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sacarrollas sinxelo.
Sacarrollas de ás.

O sacarrollas é un instrumento consistente nunha hélice metálica cun mango ou panca que se inventou para poder quitar as rollas ós frascos e botellas de viño e xaropes embotellados. Os sacarrollas fabrícanse en materiais tan diversos como plástico, metal ou madeira pero a espiral sempre é de aceiro. Existen os nomes dialectais tirarrollas e tirabuxón[1]

Tipos[editar | editar a fonte]

Existen diferentes tipos de sacarrollas:[2]

  • De botella, o máis habitual que á súa vez adopta diferentes formas.
    • Pregable, propio de hostalería, xa que se pode levar no peto.
    • De ás que se erguen ó introducir a barrena, facilitando así a extracción ó facer panca. É moi común no ámbito doméstico.
  • De parede, adosado á parede e que se acciona por sistema de panca.
  • De láminas ou lingüetas - consistente en dúas láminas metálicas que se introducen nos laterais do pescozo da botella extraendo deste xeito a rolla intacta. Tamén permite reintroducir o tapón.
  • De aire comprimido - inxéctase aire cunha bomba atravesando o tapón cunha agulla. A corrente de aire fai elevar o tapón, pero pode perxudicar a estrutura do viño, polo que é pouco utilizado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nome tirabuxón está moi documentado en diferentes fontes coma: X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas n'El Pueblo Gallego)
  2. Winesoft: El software para aficionados al vino. 2004. pp. 190. ISBN 8497351207, 9788497351201. http://books.google.com.uy/books?id=q66DYCt6kcMC&pg=PA189&dq=Sacacorchos&hl=es&ei=Vn2sTZPUCcmJ0QH22pX5CA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCcQ6AEwADgK#v=onepage&q=Sacacorchos&f=false. Consultado o 18 de abril de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sacarrollas
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de sacarrollas