STS-74

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-74
Lanzamento da misión STS-74.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de novembro de 1995, 12:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión8,19 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso20 de novembro de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-061A

STS-74 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 12 de novembro de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-74, con cinco astronautas (Kenneth Cameron, James D. Halsell, Jerry Ross, William S. McArthur e Chris Hadfield) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, intercambiar equipamento e facer experimentos.[3][5][6][7]

A misión foi a segunda na que un transbordador se acoplou á Mir das sete planificadas entre 1995 e 1997. O Atlantis levou ata a estación un módulo específico para o acoplamento dos transbordadores coa estación e dous paneis solares, así como subministracións e diverso equipamento, e levou de regreso a terra mostras de experimentos, equipamento para a súa reparación e análise e produtos fabricados na estación. A bordo tamén ía o instrumento GPP para o estudo da termosfera terrestre, a ionosfera e a mesosfera.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de novembro de 1995.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 74" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-4590T). 28 de xuño de 1996: 15. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 74" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-74" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-74" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (1 de abril de 2010). "STS-74" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]