Rui Veloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRui Veloso

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Rui Manuel Gaudêncio Veloso Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , cantante , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoBlues Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webruiveloso.com.pt Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0892692 Musicbrainz: 758416ad-4871-472a-ab82-fd6e1b7b6c67 Songkick: 431785 Discogs: 661010 Editar o valor em Wikidata

Rui Manuel Gaudêncio Veloso, nado en Lisboa o 30 de xullo de 1957, é un cantante, compositor e guitarrista portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Lisboa, o cantante mudouse para o Porto con apenas tres meses. Comezou a tocar a harmónica con 6 anos. Moitos considérano como o pai do rock portugués, movemento musical xurdido no inicio da década dos 80. Comezou a súa carreira como intérprete de blues, nunha banda de garaxe chamada Magara Blues.

É apreciador de B.B. King e Eric Clapton, entre outros nomes consagrados. Actuou por dúas veces co primeiro no Coliseu do Porto e no de Lisboa, en concertos aplaudidos pola crítica. É recoñecido internacionalmente como o máis auténtico bluesman português.

A súa obra é notábel e foi xa recoñecida polo Estado Portugués na figura do entón Presidente da República, Mário Soares, que lle atribuíu a Gran Cruz da Orde do Infante. É o segundo nome da música portuguesa que máis páxinas ten destinadas na "Enciclopédia da Música Portuguesa", só superado por Amália Rodrigues.

É responsábel de moitas das cancións que fan parte das lembranzas de cada português, como "Chico Fininho", "Porto Sentido", "Não Há Estrelas No Céu", "Sei de Uma Camponesa ou "A Paixão (Segundo Nicolau da Viola)".

Rui Veloso canta, en 2006, no Porto.

Integrou o agrupamento Rio Grande, en 1996, formado por Tim (Xutos & Pontapés), João Gil (Ala dos Namorados), Jorge Palma e Vitorino, nun estilo de música popular con influencias alentexanas que alcanzou unha considerábel popularidade, gravando dous CDs: Orixinais en 1996 e Ao vivo en 1998. Máis tarde, en 2003 a mesma formación volveu a xuntarse, mais desta vez o proxecto chamaríase Cabeças no Ar e o estilo abandonaría o do primeiro para dar lugar a canciónss nostálxicas que remontan aos tempos da escola. De aí saíron temas aclamados polo público e que hoxe Rui Veloso non deixa de cantar nos seus concertos, como é o caso de "O Primeiro Beijo".

O 2 de xuño de 2006 actuou no Rock in Rio en Lisboa, precedendo os concertos de Carlos Santana e de Roger Waters.

Aínda en 2006 cumpre os 25 Anos de Carreira, ocasión que brinda con tres concertos, dous no Coliseu do Porto e un no Pavillón Atlántico. Neses concertos presentou novos e vellos êxitos de "cara lavada".

Recentemente cumpriu o soño de abrir a súa propia editora: o Estúdio de Vale de Lobos.

Discografía[editar | editar a fonte]

En concerto no Rock in Rio 2006

Ábums de estudio[editar | editar a fonte]

En directo[editar | editar a fonte]

  • Ao Vivo (1988)
  • O Concerto Acústico (2003)
  • Rui Veloso ao Vivo no Pavilhão Atlântico (2009)

Recompilacións[editar | editar a fonte]

  • O Melhor de Rui Veloso (2000)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]