Rosana Rodríguez López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Galicia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Juan José Nieto Roig |
Actividade | |
Ocupación | matemática |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2001–) Universidade de Santiago de Compostela |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Doutorando | Daniel Cao Labora (en) |
Rosana Rodríguez López é unha docente e investigadora en matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rosana Rodríguez López é doutora en matemáticas, obtendo o doutoramento no ano 2005 coa tese doutoral "Solucións periódicas para ecuacións diferenciais non lineais" dirixida por Juan José Nieto Roig.
Membro do antigo Departamento de Análise Matemática e actual Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización, é docente investigadora e vicedecana da Facultade de Matemáticas dende 2017 e coordinadora do grao en Matemáticas.[1] Anteriormente gozou dunha Bolsa de Formación para Persoal Investigador (FPI) e foi docente en centros de secundaria.
É de destacar así mesmo o seu labor como divulgadora, principalmente no ámbito local da cidade de Santiago.[1]
Os seus campos de investigación son as ecuacións diferenciais e a matemática difusa.[1]
Obtivo o recoñecemento mundial da comunidade matemática en 2005, cando publicou na revista Order o artigo “Contractive Mapping Theorems in Partially Ordered Sets and Applications to Ordinary Differential Equations”, xunto a Juan José Nieto. Este traballo é un dos máis citados no ámbito académico matemático de orixe española.[2][3] Desde entón asinou preto de setenta traballos de análise matemática, con alto grao de citación.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 CSIC - UAM - UC3M - UCM (Segundo semestre 2018). "She does maths: Rosana Rodríguez López" (PDF). Consultado o 17 de mao de 2019.
- ↑ Portillo, Elena (21 de setembro de 2018). "El Año de la Biología Matemática" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2019.
- ↑ "Seis científicas españolas que parten el bacalao ahora mismo" (en castelán). 6 de decembro de 2016. Consultado o 17 de maio de 2019.
- ↑ Redacción (2018-01-16). "Os matemáticos da USC Rosana Rodríguez e Juan José Nieto, entre os máis citados do mundo". GCiencia. Consultado o 2020-08-22.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- She does maths: Rosana Rodríguez López. Blog de Mujeres con ciencia, xullo 2018