Romano I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda contemporánea de Romano I.

Romano I Lecapeno (Romanos I Lakapenos, 870 - 948), compartiu o trono do Imperio bizantino con Constantino VII, exercendo o poder total entre 919 e 944. Era o almirante da flota bizantina no Danubio cando, ao saber da derrota do exército na batalla de Anchialus (917), decidiu dirixirse a Constantinopla.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tralo matrimonio da súa filla Helena con Constantino, foi nomeado, por primeira vez na historia bizantina, basileopator ("pai do emperador") en 919, e pouco despois, coroado coemperador do seu xenro. Durante o seu reinado intentouse limitar a acumulación de latifundios por parte dos grandes terratenentes do Imperio. Os seus dous fillos, Estevo e Constantino, impacientes por ocuparen o poder e cansados da lonxevidade do seu pai, acabaron co seu reinado e poder case absoluto en 944, deportándoo ás illas dos Príncipes no mar de Mármara e obrigándoo a profesar como monxe. Pero en lugar de facerse co poder, Constantino VII foi recoñecido como único emperador, sendo ambos deportados á mesma illa xunto ao seu pai. Romano morreu en 948.


Imperio Bizantino

Segue a:
Constantino VII Porfiroxéneta
Romano I
Precede a:
Constantino VII Porfiroxéneta
Dinastía Macedonia