Rodrigo de Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRodrigo de Quiroga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1512 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
O Saviñao Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1580 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeInés de Suárez

Rodrigo Camba López, máis coñecido como Rodrigo de Quiroga, nado en San Xoán de Abuíme, O Saviñao[1][2] ou en 1512 e finado en Santiago de Chile o 25 de febreiro de 1580, foi un adiantado, conquistador galego na Coroa Española, Gobernador do Reino de Chile en dúas ocasións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Hernando Camba de Quiroga e de María López da Ulloa. No ano 1535 viaxou ao Perú onde participou na exploración do Gran Chaco na expedición de Diego de Rojas. Anos máis tarde chegou a Chile acompañando o grupo dirixido polo conquistador castelán Francisco de Aguirre, que se uniu en Atacama. Xunto con Francisco de Villagra e Pedro de Valdivia, puxeron en marcha a conquista de Chile.

En 1565, sendo gobernador, nomeou tenente xeneral ao vasco Martín Ruíz de Gamboa de Berriz, co que tiña vínculos familiares, pois estaba casado con súa filla Isabel de Quiroga. Gamboa realizou en 1567 a conquista do Arquipélago de Chiloé, que chamou de Nova Galicia en honra á terra do Gobernador e á semellanza ás paisaxes galegas, e tamén fundou a cidade de Castro, controlando os dóciles indios Cuncos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografías y Vidas Micronet (en castelán).
  2. Guerrero Lira, Cristián; Ramírez Morales, Fernando; Torres Dujisin, Isabel. "Historia de Chile: Biografías.Rodrigo de Quiroga: 1512-1580". biografiadechile.cl (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2023. Consultado o 15 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]