Roberto Ouro Vázquez
Roberto Ouro Vázquez | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1900 |
Lugar de nacemento | Palas de Rei |
Falecemento | 30 de outubro de 1975 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e político |
Pai | José Ouro Arias |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Roberto Ouro Vázquez, nado en Palas de Rei o 7 de xuño de 1900 e finado na Coruña o 30 de outubro de 1975, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Ouro Arias, licenciouse en dereito. Militou na ORGA e presentouse ás eleccións xerais de 1933 pola candidatura de esquerdas, pero non resultou elixido. Ingresou en Izquierda Republicana e nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Fronte Popular. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de xullo e ingresou no cuartel de San Fernando con Francisco Lamas López. O 24 de abril de 1937 foi conducido ao cárcere de Cáceres. Expedientado por responsabilidades civís e políticas, foi desterrado a Las Hurdes, onde pasou case tres anos, e multado con máis de 250.000 ptas.