Roberta Flack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberta Flack
Roberta Flack
Orixe Ashville, Carolina do Norte, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1969-
Xénero(s) jazz, soul, folk
Web oficial páxina oficial


Roberta Flack, é unha cantante de soul e quiet storm estadounidense, nacida o 10 de febreiro de 1939 en Asheville, Carolina do Norte.

Biografía[editar | editar a fonte]

É filla do organista da igrexa baptista de Ashville, polo que desde pequena se orientou musicalmente tocando o piano. Na súa mocidade recibiu nocións musicais e clases eventuais na Universidade Howard. Tras un periodo dando clases, foi descuberta por Less McCann cantando nun clube de jazz. Moi pouco despois e grazas a el, asinou coa discográfica Atlantic.

Os seus dous primeiros álbums ("First take" en 1969 e "Chapter 2" en 1970) apenas soaron e non chegaron a colocar ningún sinxelo. Pero isto mudou cando na banda sonora de "Play Misty for Me" se incluíu unha versión de "The First Time Ever I Saw Your Face" (canción do cantante folk Ewan McColl, que xa aparecía no seu álbume debut. O sinxelo converteuse en número un e permaneceu no máis alto seis semanas, convertíndose nun dos maiores éxitos de 1972. Nese mesmo ano uniuse co seu compañeiro de clase Donny Hathaway para gravar un álbume xuntos, do que se extraerían éxitos como "Where is the love" ou a versión do clásico de Carole King "You've got a friend". Pero o seu maior éxito chegaríalle en 1973 co tema "Killing me softly with his song", convertíndose en número un durante cinco semanas e sendo un dos grandes éxitos da música contemporánea. En 1974 volveu ás listas de vendas con "Feel Like Makin' Love". Nese mesmo ano tomouse un descanso para actuar con fins benéficas. Nos seguintes anos as súas aparicións eran escasas, pero continuaba traballando duro. En 1979 Donny Hathaway suicidábase, facendo volver á escena a Roberta. Afectada pola perda, buscou un novo compañeiro musical, Peabo Bryson, con quen fixo unha longa xira durante 1980. En 1983 gravaron xuntos, conseguindo o éxito con "Tonight, I Celebrate My Love". Durante toda a década dos 80 centrouse en actuar máis que en gravar, facendo numerosas xiras e actuando xunto a Miles Davis. Volveu ós postos altos das listas en 1991 co dueto "Set the Night to Music" xunto a Maxi Priest. Durante toda a década dos 90 e na actualidade adícase a facer interminables xiras mundiais, nas que especialmente se centra no jazz.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums
Ano Título Discográfica
1969 First take Atlantic
1970 Chapter two Atlantic
1971 Quiet fire Atlantic
1972 Roberta Flack & Donny Hathaway Atlantic
1973 Killing me softly Atlantic
1975 Feel like makin' love Atlantic
1975 In Concert: recorded with the Edmonton Symphony Orchestra Dep Entertainment
1977 Blue lights in the basement Atlantic
1978 Roberta Flack Atlantic
1980 Roberta Flack featuring Donny Hathaway Atlantic
1981 Bustin' loose MCA
1982 I'm the one Atlantic
1988 Oasis Atlantic
1991 Set the night to music Atlantic
1995 Roberta Atlantic
1997 Christmas album Capitol
2003 Holiday Punahele Productions

Premios[editar | editar a fonte]

Grammy Awards
Año Título Categoría Xénero
1972 Where is the love Mellor actuación de dúo ou grupo R&B
1972 The first time ever I saw your face Canción do ano
1973 Killing me softly with his song Mellor actuación vocal femenina Pop
1973 Killing me softly with his song Canción do ano