Robert Doisneau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Doisneau
Robert Doisneau
Doisneau no seu estudio en Montrouge, 1992
Nacemento: 14 de abril de 1912
Gentilly, Val-de-Marne
Francia Francia
Falecemento: 1 de abril de 1994
Montrouge, Hauts-de-Seine
Francia Francia

Robert Doisneau, (14 de abril de 1912 - 1 de abril de 1994) foi un fotógrafo francés nado na cidade de Gentilly, no Val-de-Marne. Está considerado como un dos fotógrafos máis populares da posguerra e foi un dos principais representantes da fotografía humanista francesa xunto con Willy Ronis e Édouard Boubat.

Robert Doisneau (esquerda) e André Kertész en Arles, 1975

Índice

Traxectoria [editar]

Era coñecido pola súa modestia e as súas imaxes irónicas, mesturando as diferentes clases sociais das rúas e cafés de París. Influenciado pola obra Eugène Atget, de André Kertész e Henri Cartier-Bresson, Doisneau presentou en máis de vinte libros unha visión da fraxilidade humana e da vida como unha serie de momentos calmos e incongruentes.

"As marabillas da vida cotiá son tan emocionantes. Ningún director de cinema pode organizar o inesperado que podes atopar na rúa". Robert Doisneau.

Obra [editar]

  • 1940-1944: Lâcher de tracts
  • 1944: Amour et barbelés
  • 1944: La voiture fondue
  • 1950: Le Baiser de l'hôtel de ville[1]
  • 1951: Rue Mouffetard
  • 1956: Les Écoliers de la rue Damesme
  • 1958: La Transhumance
  • 1959: La Récréation, rue Buffon, à Paris
  • 1959: Les Sables d'Olonne
  • 1959: Les grandes vacances
  • 1960: Le passant avec un béret
  • 1971: Devant la laiterie
  • 1982: Le Parc Monceau

Notas [editar]

  1. Análise da fotografía por André Gunthert do EHESS

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]