Fotografía de defuntos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pais posando coa súa filla falecida, simulando que esta viva.

A fotografía de defuntos foi unha práctica que, basicamente, consistía en vestir un cadáver recente coas súas roupas persoais e facelo partícipe dun último retrato grupal, cos seus compañeiros, familiares ou amigos.

A Fotografía de Defuntos é unha práctica que nace case coa mesma fotografía (un 19 de agosto de 1839) en París, pero logo esténdese rapidamente cara a outros países, entre eles Arxentina.

Defuntos "ceando" na mesma mesa cos seus familiares vivos. Meniños defuntos nos seus carros xunto ós seus pais. Avós falecidos cos seus traxes elegantes sostidos polo seu bastón, etc...

Esta era unha práctica moi común, de feito nun extracto de "O Nacional", un diario de 1861, publicábase -cousa que era frecuente- que o fotógrafo Francisco Rave e o seu socio José María Aguilar... "Retratan cadáveres a domicilio, a prezos acomodados...".

Actualmente esta práctica xa non se realiza, inda que en certas rexións se acostuma fotografar os nenos recentemente nados e falecidos ó pouco.

Referencias mediáticas[editar | editar a fonte]

Na película Os outros (de Alejandro Amenábar e interpretada por Nicole Kidman), a protagonista descobre que os seus criados son fantasmas porque atopa un destes retratos de defuntos no que aparecen os tres personaxes xa mortos.