Anthony Minghella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anthony Minghella, nado en Ryde, na illa de Wight, o 6 de xaneiro de 1954 e falecido en Londres o 18 de marzo de 2008, foi un director e guionista de cine británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pai italiano e nai Escocesa, graduouse na Universidade de Hull.

Gañou o Premio Oscar ó mellor director polo seu traballo na película The English patient. Na década de 1980 traballou para a televisión en series británicas tanto para a BBC como para a ITV.

Foi en 1990 cando empezou a traballar no mundo do cine. Ese ano filmou a película Truly, Madly, Deeply que foi o seu primeiro grande éxito de taquilla. Este foi o primeiro traballo de Minghella como director, e deulle a oportunidade de aprender para posteriores proxectos máis ambiciosos.

Minghella estaba casado coa coreógrafa Carolyn Choa e tiña un fillo e unha filla, Max e Hanna. Max, nado en 1985, é actor e un dos protagonistas da próxima película de Alejandro Amenábar, Mists of Estafe, onde dá vida a Davo. Hanna foi axudante de produción do seu pai en The Talented Mr. Ripley.

Ata a data da súa defunción foi o presidente do British Filme Institute.

O seu irmán, Dominic Minghella, é tamén un coñecido guionista.

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]