Reinhard Gehlen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reinhard Gehlen, en uniforme de oficial.
Reinhard Gehlen

Reinhard Gehlen, nado o 3 de abril de 1902 e finado o 8 de xuño de 1979, foi un militar alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xeneral da Wehrmacht durante a Segunda Guerra Mundial, tiña ao seu cargo o servizo de intelixencia na Fronte oriental.

Durante a Guerra Fría foi recrutado polo servizo de intelixencia norteamericano coa misión de organizar un grupo que espiase á Unión Soviética, este grupo coñeceuse como Organización Gehlen e estaba formada en gran parte pola mesma rede de espías que traballaban para el durante o réxime nazi e que acabou por constituír a base dos servizos de información da nova República Federal de Alemaña, a Bundesnachrichtendienst, creada en 1956 e que tivo a Gehlen como primeiro presidente ata a súa retirada en 1968.