Rego de Argusende
Rego de Argusende | |
---|---|
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | A Gándara [1] |
Altitude | 435 m[Cómpre referencia] |
Lonxitude | 1,34 km[Cómpre referencia] |
Desembocadura | Río Miño |
Altitude desembocadura | 357 m[Cómpre referencia] |
Cadea fluvial | Rego de Argusende, Río Miño |
Conca do río Miño no territorio galego | |
O rego de Argusende é un pequeno afluente do curso alto do río Miño pola súa marxe esquerda. O seu curso discorre polo concello de Lugo.
Curso[editar | editar a fonte]
Nace a pouca distancia da aldea da Gándara (Santa Comba), debaixo dunha planta de procesado de madeira, e atravesa a autovía A-54. Preto de Albares recibe a un pequeno regato pola marxe esquerda. O tramo final descende por unha valgada suave e introdúcese por un cano na antiga depuradora de Lugo, onde desemboca no Miño pola marxe esquerda.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Xunta de Galicia. "Mapa de fondo: Mapa Base Vectorial" (Mapa). Mapa Base Vectorial con capas de Hidrografía. Procurar provincia de Lugo, cidade de Lugo, parroquia de Santa Comba e lugar da Gándara. 1:2.257. Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 8/05/2016.