Reforma en vapor
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa química que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A reforma en vapor do metano (Steam reforming, SMR) é un método de produción de hidróxeno por escisión da auga. A alta temperatura (700 – - 1.100 °C) e en presenza dun catalizador metálico, o vapor de auga reacciona co metano producindo monóxido de carbono e hidróxeno.
A 'reforma en vapor' do gas natural é o método máis común de produción comercial de hidróxeno é tamén o máis barato (Crabtree, ver "Referencias"). Este proceso é diferente da reforma catalítica, un proceso empregado no refino do petróleo que produce tamén cantidades significativas de hidróxeno xunto con gasolina de alta octanaxe.