Receptor de esteroides de membrana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os receptores de esteroides de membrana (mSRs), tamén chamados receptores de esteroides extranucleares, son unha clase de receptores da superficie celular activados por esteroides endóxenos que funcionan como mediadores de sinalización celular rápida non xenómica por medio da modulación de fervenzas de sinalización intracelular.[1][2][3][4] Os receptores de esteroides de membrana son diferentes dos receptores de hormonas esteroides (SHRs) nucleares clásicos, que non se encontran na membrana senón no interior da célula. Estes receptores de membrana son outro xeito que teñen os esteroides de orixinar os seus efectos biolóxicos.[1][2][3][4] Os SHRs poden producir respostas xenómicas lentas, e os os mSRs respostas non xenómicas rápidas.[5]

Algúns receptores nucleares (non de membrana) poden sufrir modificacións como a palmitoilación que crean unha áncora por medio da cal poden quedar fixados na membrana plasmática ou poden asociarse á proteína de membrana caveolina. Por esta razón, algúns receptores nucleares de esteroides poden aparecer tamén na membrana.[6]

Lista de receptores de esteroides de membrana[editar | editar a fonte]

Entre os grupos coñecidos de receptores de esteroides de membrana, segundo o seu ligando están os seguintes:[a]

Ademais, o PDIA3 é un receptor de membrana para o secosteroide calcitriol, a forma activada da vitamina D.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os puntos e comas denotan, grosso modo, grupos estruturais, por exemplo receptores de proteína G de canles iónicas, e separan os receptores dun mesmo tipo.
  1. 1,0 1,1 Levin ER (2014). "Translating extranuclear steroid receptor signaling to clinical medicine". Horm Cancer 5 (3): 140–5. PMC 4040225. PMID 24752388. doi:10.1007/s12672-014-0179-9. 
  2. 2,0 2,1 Hammes SR, Levin ER (2011). "Minireview: Recent advances in extranuclear steroid receptor actions". Endocrinology 152 (12): 4489–95. PMC 3858720. PMID 22028449. doi:10.1210/en.2011-1470. 
  3. 3,0 3,1 Sen A, Prizant H, Hammes SR (2011). "Understanding extranuclear (nongenomic) androgen signaling: what a frog oocyte can tell us about human biology". Steroids 76 (9): 822–8. PMC 4972037. PMID 21354434. doi:10.1016/j.steroids.2011.02.016. 
  4. 4,0 4,1 Watson, C. S. (1999). "Signaling Themes Shared Between Peptide and Steroid Hormones at the Plasma Membrane". Science Signaling 1999 (12): pe1. ISSN 1945-0877. PMC 1317563. PMID 11865187. doi:10.1126/stke.1999.12.pe1. 
  5. W.Norman, A.; Mizwicki, M. T.; Norman, D. G. (xaneiro de 2004). "Steroid-hormone rapid actions, membrane receptors and a conformational ensemble model". Nature Reviews Drug Discovery 3 (1): 27–41. PMID 14708019. doi:10.1038/nrd1283. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Treviño, LS; Gorelick, DA (1 de agosto de 2021). "The Interface of Nuclear and Membrane Steroid Signaling.". Endocrinology 162 (8). PMC 8214340. PMID 34038515. doi:10.1210/endocr/bqab107. 
  7. Gaucci E, Raimondo D, Grillo C, Cervoni L, Altieri F, Nittari G, et al. (novembro de 2016). "Analysis of the interaction of calcitriol with the disulfide isomerase ERp57". Scientific Reports 6: 37957. PMID 27897272. doi:10.1038/srep37957. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.