Ramón Sandoval Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Sandoval Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
A Riba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntraballador postal , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Ramón Sandoval Pérez, nado na Riba[1] (Barantes, Sober) en 1961, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario de Correos. Por mor do seu traballo residiu en Villaviciosa (Asturias), A Rúa (Ourense) e dende 1995 vive en Vigo. Ata mediados dos anos noventa escribiu en castelán e colaborou con diversas revistas literarias como Aguamarina, Arboleda, Cuadernos de Poesía Nueva, El Parnaso, Gemma, Manxa, Nirvana Populi, Peliart e Temas de Asturias. Nesta época publicou o seu primeiro poemario Como una lluvia.

Desde 1995 empezou a escribir en galego. Publicou en 2013 Territorios estraños, galardoado co VI Premio de Poesía Victoriano Taibo. En 2017 saíu á luz Zocas e decibelios, libro no que están incluídos dous poemarios: A pel no asfalto e Cartografía da infancia. En 2019 publicou Nas esquinas do frío, premio de poesía Avelina Valladares.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Como una lluvia (1990)
  • Territorios estraños (2013)
  • Zocas e decibelios (2017)
  • Nas esquinas do frío (2019)

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Antología de poetas españoles e hispanoamericanos de hoy (1987)
  • Versos y voces de Prometeo (1991)
  • 4º e 5º Encontro de poetas valdeorreses (1992)
  • Antología: los nuevos poetas (1994)
  • Nove encontros na coroa e o que nos queda (2017)
  • Portugalicidades (2018)
  • Roseiras de rosas roxas (2019)

Premios[editar | editar a fonte]

  • XI Certame de Poesía Feliciano Rolán, 1997, por Houbo un tempo en que fomos nenos
  • I Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, 2012, por Cicatrices do insomnio
  • XVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López, 2013, por Conta atrás
  • VI Premio de poesía Victoriano Taibo, 2013 por Territorios estraños[2]
  • VII Concurso Literario do COPG “Rosa de Cen Follas”, 2014, por Os que estamos malditos
  • XXIII Certame Literario A Pipa, 2014, por Corazón de lóstrego
  • XXIV Certame Literario A Pipa, 2015, por Axuste de contas
  • XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán, 2017, por Náufragos da cidade
  • XXIII Premio de poesía Avelina Valladares, 2019, por Nas esquinas do frío[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Avanza a candidatura de unidade popular de Sober con propostas de nome e 7 persoas candidatas para conformar a lista". Sober - Somos Maioría. 13 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020. 
  2. "“Territorios Estraños”, de Ramón Sandoval Pérez gaña o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns". Val Miñor. 19 de setembro de 2013. 
  3. Ana Cela (23 de setembro de 2019). "El vigués Ramón Sandoval, Premio Avelina Valladares". Faro de Vigo (en castelán). 
  4. Redacción (24 de setembro de 2019). "O escritor vigués Ramón Sandoval gaña o Avelina Valladares co poemario «Nas esquinas do frío»". lavozdegalicia.es. Consultado o 16 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]