Ramón Figueroa Vilachá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Figueroa Vilachá
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Ramón Amadeo Figueroa Vilachá, nado en Noicela (Carballo) cara a 1903 e finado na Coruña o 7 de decembro de 1940, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Figueroa Lafuente e da mestra Dolores Vilachá Vázquez. Estudou Maxisterio, e afiliouse a FTE-UGT. Deu clases particulares en Sergude (Carral), despois foi mestre interino en Sedes (Narón), e dende 1935 foi mestre de Sésamo (Culleredo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 5 de agosto nun café de Carral con outros veciños por escoitar unha emisora gobernamental. Foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto.[1] Pasou tres meses na prisión na Coruña. Depurado, foi condenado a dous anos de suspensión de emprego e soldo. Ao ser mobilizada a súa quinta, o 31 de abril de 1937, incorporouse ao exército rebelde. Nos primeiros días de xullo foi destinado á fronte de Brunete e o 2 de agosto desertou e pasouse á zona leal con Gerardo Paseiro Carril e Benito Búa Rivas.[2][3] Formou parte das Milicias da Cultura nunha compañía de Zapadores e despois da 29 Brigada Mixta. Ao rematar a guerra foi investigado e interrogado. Finalmente foi procsado en abril de 1940. Xulgado na Coruña en consello de guerra por traizón á patria con Gerardo Paseiro Carril, foron condenados a pena de morte. Foron executados no Campo da Rata o 7 de decembro de 1940.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en abril de 1941.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 22-8-1936, p. 4.
  2. Ficha de Ramon Figueroa Vilacha
  3. Ficha de Ramon Figueroa Vilacha
  4. La Voz de Galicia, 8-12-1940, p. 2.
  5. BOE, 21-4-1941, p. 1556.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]