Ralph Lauren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ralph Lauren

Ralph Lauren (nado co nome de Ralph Lifshitz en Nova York o 14 de outubro de 1939), é un deseñador de moda estaounidense.

Os seus pais son orixinarios de Rusia. Comezou a estudar economía no City College de Manhattan, pero deixouno pouco antes de graduarse. Traballou un tempo como vendedor de luvas e posteriormente para un fabricante de gravatas. Este traballo inspirouno a deseñar a súa propia liña de gravatas.

En 1967 abriu a súa primeira tenda de gravatas. En 1968 introduciu unha liña completa para cabaleiros, e en 1971 a liña para damas.

Ropa Ralph Lauren[editar | editar a fonte]

O deseñador é sobre todo coñecido pola súa marca "Polo by Ralph Lauren". A prestixiosa marca de ropa Ralph Lauren é universalmente comprada e manipulada, sendo considerada unha das mellores marcas do mercado. Tamén existe unha marca de perfumes do mesmo nome, que ó igual que a marca de ropa é moi usado, vendido e recoñencido como un dos máis finos e elegantes existentes no mercado. Tanto a vestimenta como os perfumes son recoñecibles polos típicos logotipos de Ralph Lauren: o xogador de Polo e a bandeira RL.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]