Río Krka, Eslovenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Krka
Krka zgornji tok Slovenija.jpg

O río esloveno Krka
País Eslovenia
Rexión n/d
Nacemento Krka
Altitude n/d
Lonxitude 93,12 km
Caudal medio
Conca 2.284 km2
Desembocadura Río Sava

O Krka é un río de Eslovenia, afluente do Sava, que flúe principalmente pola rexión da Baixa Carniola (Dolenjska en esloveno). Con 93 km de curso é un dos símbolos desa rexión.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A lonxitude do río é de algo máis de 93 km}}. O seu curso comeza en Gradiček, a 312 m de altura, preto da aldea de Krka, a uns 10 km de Ivančna Gorica e a uns 25 km ao suleste da capital do país, Ljubljana. As súas augas móvense en dirección suleste, antes de xuntarse con o gran río Sava, afluente do Danubio, á altura da cidade de Brežice, a 114 m de altitude, preto da fronteira con Croacia. Novo Mesto é a cidade máis importante situada nas súas beiras.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os seus afluentes principais son os regos Klamfer, Težka voda e Lešnica.

Contorna ambiental[editar | editar a fonte]

É o único río esloveno no que se produce toba. A fauna do río é rica, con presencia de numerosas aves, peixes, anfibios mesmo animais cavernícolas, propios das zonas cársticas das beiras. Estas características levaron a declarar o Krka zona protexida desde 1969.