Río Aar, Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Aar a 250 m da súa fonte

O Aar é un río do oeste de Alemaña, tributario pola esquerda do Lahn . Nace nas montañas Taunus en Hesse, flúe primeiro cara ao sur e logo vira para o suroeste antes de pasar Bleidenstadt e logo vira de novo para discorrer cara ao noroeste, en Bad Schwalbach recibe as augas do Nesselbach e en Aarbergen as do Aubach tras entrar en Renania-Palatinado cruza Hahnstätten e desemboca tras 60 km no Lahn preto de Diez.