Primeiro ministro de Eslovaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Titular
Robert Fico
Dende o 25 de outubro de 2023

ResidenciaPalacio de Verán do Arcebispo, Bratislava
Nomeado porPresidente de Eslovaquia
Creación2 de xaneiro de 1969
Primeiro titularŠtefan Sádovský
Sitio webvlada.gov.sk

O presidente do Goberno da República Eslovaca (en eslovaco: 'Predseda vlády Slovenskej republiky'), tamén coñecido como primeiro ministro (en eslovaco: 'Premiér'), é o xefe de goberno de Eslovaquia. Sobre o papel é o terceiro cargo constitucional máis alto en Eslovaquia despois do presidente de Eslovaquia e o presidente do Consello Nacional. Na práctica, é a figura política líder do país.

O cargo creouse en 1969 e dende entón houbo 13 primeiros ministros. Dende 1993, cando xurdiu a Eslovaquia independente, seis primeiros ministros ocuparon o posto. O 25 de outubro de 2023, Robert Fico converteuse no actual primeiro ministro.

Historia[editar | editar a fonte]

O cargo de primeiro ministro foi creado en 1969 pola Lei Constitucional de Federación. Non obstante, un cargo similar existira dende 1918 cando varias persoas presidiron órganos executivos que rexían a parte eslovaca de Checoslovaquia ou o Estado eslovaco respectivamente. Dende 1993, cando se creou a República Eslovaca independente, seis persoas ocuparon o cargo. Dende 2018 oprimeiro ministro é Peter Pellegrini.

Poderes e funcións[editar | editar a fonte]

Dado que Eslovaquia é unha república parlamentaria, o primeiro ministro responde ante o Consello Nacional. A Constitución eslovaca prevé que para acceder ao cargo, cada primeiro ministro debe gañar e despois manter a confianza do parlamento. En canto o primeiro ministro perda a confianza, o presidente está obrigado a destituílo e designar a un novo primeiro ministro ou confiar ao primeiro ministro destituído a función de coidador con poderes limitados.

O primeiro ministro é o cargo máis poderoso do estado, xa que manda e preside o goberno. Aínda que non é o primeiro ministro senón o presidente quen nomea ministros do gabinete, faino co asesoramento do primeiro ministro.

Primeiro ministro designado de Eslovaquia[editar | editar a fonte]

Primeiro ministro designado de Eslovaquia (en eslovaco: 'designovaný predseda vlády') é un título non oficial para unha persoa á que o presidente da República Eslovaca lle encomendou formar un novo goberno e substituír o primeiro ministro saínte. Este título, así como a autorización do presidente para encomendar ao primeiro ministro designado, non están establecidos por lei senón que é unha tradición legal ou, máis precisamente, constitucional. Segundo esta tradición, o presidente designa a unha persoa que teña o apoio da maioría dos deputados no Consello Nacional.

Lista dos primeiros ministros de Eslovaquia[editar | editar a fonte]

Primeira República Checoslovaca (1918-1938)[editar | editar a fonte]

Ministro plenipotenciario para a administración de Eslovaquia

Presidentes da Terra de Eslovaquia

Segunda República Checoslovaca (1938-1939)[editar | editar a fonte]

Primeiros ministros do Goberno da Autonomía de Eslovaquia

  • Jozef Tiso (7 de outubro de 1938 - 9 de marzo de 1939)
  • Jozef Sivák (9 de marzo de 1939 - 11 de marzo de 1939)
  • Karol Sidor (11 de marzo de 1939 - 14 de marzo de 1939)

Primeira República Eslovaca (1939–1945)[editar | editar a fonte]

Primeiros ministros da Primeira República eslovaca

  • Jozef Tiso (14 de marzo de 1939 - 17 de outubro de 1939)
  • Vojtech Tuka (27 de outubro de 1939 - 5 de setembro de 1944)
  • Štefan Tiso (5 de setembro de 1944 - 4 de abril de 1945)

Terceira República Checoslovaca (1945–1948)[editar | editar a fonte]

Presidentes do Consello de Comisarios

República Socialista Checoslovaca (1948–1989)[editar | editar a fonte]

1 de xaneiro de 1969 - 5 de marzo de 1990: chamada "República Socialista Eslovaca" dentro de Checoslovaquia .

Presidentes do Consello de Comisarios

Presidentes do Consello Nacional de Eslovaquia

Primeiros ministros da República Socialista Eslovaca

  1. Štefan Sádovský : 2 de xaneiro de 1969 - 5 de maio de 1969
  2. Peter Colotka : 5 de maio de 1969 - 12 de outubro de 1988
  3. Ivan Knotek : 13 de outubro de 1988 - 22 de xuño de 1989
  4. Pavel Hrivnák : 23 de xuño de 1989 - 8 de decembro de 1989

República Federal Checa e Eslovaca (1990–1992)[editar | editar a fonte]

6 de marzo de 1990 - 31 de decembro de 1992: chamada "República Eslovaca" dentro de Checoslovaquia .

Primeiros ministros da República eslovaca

     KSČ      VPN      KDH
No. Retrato Nome Mandato Partido Político
Inicio Fin Tempo no cargo
5 Milán Čič
(1932–2012)
10 de decembro de 1989 27 de xuño de 1990 291 días Partido Comunista de Checoslovaquia (KSČ)
Sociedade Contra a Violencia (VPN)
6 Vladimír Mečiar
(1942-)
27 de xuño de 1990 6 de maio de 1991 313 días Sociedade Contra a Violencia (VPN)
7 Ján Čarnogurský
(1944- )
6 de maio de 1991 24 de xuño de 1992 1 ano e 49 días Movemento Democrático Cristián (KDH)
     HZDS/ĽS-HZDS     DEÚS      SDK      SDKÚ/SDKÚ-DS      SMER-SD
Foto Nome Mandato Partido político
Inicio Fin Tempo no cargo
1 Vladimír Mečiar

(1942-)

24 de xuño de 1992 15 de marzo de 1994 1 ano e 264 días Movemento para unha Eslovaquia Democrática

(HZDS)

2 Jozef Moravčík

(1945-)

15 de marzo de 1994 13 de decembro de 1994 273 días Unión Democrática de Eslovaquia

(DEÚS)

(1) Vladimír Mečiar

(1942-)

13 de decembro de 1994 30 de outubro de 1998 3 anos e 321 días Movemento para unha Eslovaquia Democrática

(HZDS)

3 Mikuláš Dzurinda

(1955-)

30 de outubro de 1998 15 de outubro de 2002 3 anos e 350 días Coalición Democrática Eslvoaca (SDK)

logo substituída pola Unión Cristiá e Democrática Eslovaca- Partido Democrático

(SDKÚ)

16 de outubro de 2002 4 de xullo de 2006 3 anos e 261 días Unión Cristiá e Democrática Eslovaca
4 Robert Fico

(1964-)

4 de xullo de 2006 8 de xullo de 2010 4 anos e 4 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

5 Iveta Radičová

(1956-)

8 de xullo de 2010 4 de abril de 2012 1 ano e 271 días Unión Cristiá e Democrática Eslovaca- Partido Democrático (SDKÚ-DS)
(4) Robert Fico

(1964-)

4 de abril de 2012 23 de marzo de 2016 5 anos e 352 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

23 de marzo de 2016 22 de marzo de 2018
6 Peter Pellegrini

(1975- )

22 de marzo de 2018[1] 21 de marzo de 2020 1 ano, 11 meses e 30 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

7 Igor Matovič

(1973- )

21 de marzo de 2020 1 de abril de 2021 1 ano e 11 días Xente Común e Personalidades Independentes

(OĽaNO)

8 Eduard Heger

(1976- )

1 de abril de 2021 15 de maio de 2023 2 anos, 1 mes e 14 días Xente Común e Personalidades Independentes

(OĽaNO)

9 Ľudovít Ódor

(1976- )

15 de maio de 2023 25 de outubro de 2023 5 meses e 10 días Independente
(4) Robert Fico

(1964-)

25 de outubro de 2023 presente 190 días Dirección-Socialdemocracia (Eslovaquia)

(SMER-SDK)

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Primeiro Ministro Idade á que accedeu ao cargo
(primeiro mandato)
Tempo no cargo
(total)
Idade ao deixar o cargo
(último mandato)
Data de falecemento Idade
1 Vladimír Mečiar 49 anos e 334 días 5 anos, 221 días 56 anos, 96 días Vive 81 anos e 281 días
2 Jozef Moravčík 49 anos e 361 días 273 días 50 anos, 269 días Vive 79 anos e 44 días
3 Mikuláš Dzurinda 43 anos e 268 días 7 anos, 247 días 51 anos, 150 días Vive 69 anos e 88 días
4 Robert Fico 41 anos, 292 días 11 anos, 210   días 53 anos, 46 días Vive 59 anos e 230 días
5 Iveta Radičová 53 anos, 213 días 1 ano, 271 días 55 anos, 119 días Vive 67 anos e 147 días
6 Peter Pellegrini 42 anos, 167 días 1 ano, 365 días 44 anos, 166 días Vive 48 anos e 209 días
7 Igor Matovič 46 anos, 315 días 1 ano, 11 días 47 anos, 325 días Vive 51 anos e 52 días
8 Eduard Heger 44 anos, 333 días no cargo Vive 47 anos, 11 meses e 30 días

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El socialdemócrata Peter Pellegrini, nuevo primer ministro de Eslovaquia". RTVE (en castelán). 22 de marzo de 2018. Consultado o 5 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]