Primeiro Ministro de Finlandia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Primeiro Ministro (en finés: pääministeri, en sueco: statsminister) é o Xefe de Goberno de Finlandia. En 1918 o Senado Finés foi transformado no Consello de Estado de Finlandia, e o cargo de Vicepresidente da División Económica do Senado foi transformado no de Primeiro Ministro. O Primeiro Ministro é formalmente nomeado polo Presidente, que é o Xefe de Estado.