Partido Popular Sueco (Finlandia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partido Popular Sueco (Svenska Folkpartiet, SFP e Ruotsalainen Kansanpuolue en finés) é un partido liberal da minoría sueca de Finlandia. Membro da Internacional Liberal e do Partido Europeo dos Liberal Demócratas

Historia[editar | editar a fonte]

O SFP é un dos partidos máis antigos de Finlandia, fundouno Axel Lille en 1906. Actualmente é Stefan Wallin o líder do partido. No Parlamento de Finlandia o representante de Åland, xeralmente, entra a formar parte do grupo do SFP, indepedentemente da súa filiación partidaria. A pesar de ser un partido minoritario en Finlandia, o SFP forma parte de todos os gabinetes finlandeses dende 1976. Svenska Kvinnoförbundet, a organización feminina do SFP, estableceuse en 1907 e Svensk Ungdom, as mocidades do SFP, estableceuse en 1943. En total o SFP conta con 32.000 afiliados, 8 deputados no Parlamento Finlandés, 2 ministros, conseguíu o 4'6% dos votos nas eleccións xerais de 2003

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web oficial do SFP (en sueco, finés e inglés)