Presunción de inocencia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A presunción de inocencia é un principio xurídico que se basea en que toda persoa é inocente ata que se demostre a súa culpabilidade. No caso de que o xuíz non estea seguro desta, e así o argumente na sentenza, deberá entón ditar un fallo absolutorio.

[editar] A presunción de inocencia é un dereito humano

A presunción de inocencia é un dos dereitos humanos consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e en tratados internacionais sobre dereitos humanos como, por exemplo, a Convención Americana sobre Dereitos Humanos ou Pacto de San José de Costa Rica.

Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e nun xuízo público no que se lle aseguren todas as garantías necesarias á súa defensa. Artigo 11 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Garantías xudiciais [...] Toda persoa inculpada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se estableza legalmente a súa culpabilidade [...] —Artigo 8 da Convención Americana sobre Dereitos Humanos

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais