Presidente de Gambia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O presidente é o xefe de estado e o xefe de goberno de Gambia. Segundo a constitución do país é elixido para un mandato de 5 anos, e pode reelixirse indefinidamente.

O 30 de xullo de 1981 cando o presidente Dawda Jawara estaba en Londres para asistir á voda do príncipe Charles co Diana Spencer, ocorreu unha tentativa de golpe de estado de esquerdas, comandada por Kukoi Samba Sanyang. Este ocupou o poder, pero foi derrotado o día 5 de agosto do mesmo ano, coa axuda de tropas do Senegal.

Dawda Jawara permaneceu no poder logo de sucesivas reeleccións ata 22 de xullo de 1994 cando sufriu un segundo golpe de estado comandado polo tenente Yahya Jammeh. Jawara exiliouse do país ata o 2002, mentres en 1996 Yahya Jammeh convocou e gañou as eleccións presidenciais, sendo reelixido nos anos 2001 e 2006.

Esta é a lista dos presidentes de Gambia despois de 1970.

Nome Imaxe Inicio do mandato Fin do mandato
Dawda Kairaba Jawara Empty.png 24 de abril de 1970 30 de xullo de 1981
Kukoi Samba Sanyang Empty.png 30 de xullo de 1981 5 de agosto de 1981
Dawda Kairaba Jawara Empty.png 5 de agosto de 1981 22 de xullo de 1994
Yahya Jammeh Gambia President Yahya Jammeh.jpg 22 de xullo de 1994 18 de outubro de 1996
Yahya Jammeh Gambia President Yahya Jammeh.jpg 18 de outubro de 1996 actualidade