Praia de Calahonda, Motril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Calahonda, Motril
Vista da praia de Calahonda

A praia de Calahonda é unha praia situada na localidade de Calahonda, no concello de Motril, provincia de Granada, Andalucía. Ten a distinción de bandeira azul.[1]

Ten uns 1200 metros de lonxitude e uns 40 metros de anchura media. A súa area é grosa e as súas augas son normalmente tranquilas. Ten servizo de vixilancia e un posto da cruz vermella. É accesible para discapacitados. Nas súas augas abunda a pesca e é frecuentada por mergulladores e amantes doutros deportes náuticos. Hai unha escola de mergullo.

Notas[editar | editar a fonte]