Potenciómetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un típico potenciómetro de unha volta
Símbolo esquemático dun potenciómetro

Un potenciómetro é un compoñente electrónico que posúe resistencia eléctrica axustábel.

Xeralmente, é un resistor de tres terminais onde a conexión central é deslizante e manipulábel. Se os tres terminais son usados, actúa como un divisor de tensión.

Construción[editar | editar a fonte]

Existen dous tipos de potenciómetros:

  • Potenciómetros impresos, realizados cunha pista de carbón ou de cermet sobre un soporte duro como papel baquelizado, fibra, alumina, etc. A pista ten contactos nos seus extremos e un cursor conectado a un patín que se desliza pola pista resistiva.
  • Potenciómetros bobinados. Consiste nun enrolamento toroidal dun fío resistivo (por exemplo, constantán) con un cursor que move un patín sobre o mesmo.

Tipos[editar | editar a fonte]

Potenciómetros rotatorios multivolta utilizados en electrónica. Estes potenciómetros permiten un mellor axuste que os rotatorios normais.
Potenciómetros deslizantes.

Segundo a súa aplicación distínguense:

  • Potenciómetros de mando. Son adecuados para uso como elemento de control nos aparatos electrónicos. O usuario acciona sobre eles para variar os parámetros normais de funcionamento. Por exemplo, o volume dunha radio.
  • Potenciómetros de axuste. Controlan parámetros preaxustados, normalmente en fábrica, que o usuario non adoita ter que retocar, polo que non son normalmente accesíbeis desde o exterior. Existen tanto encapsulados en plástico como sen cápsula.

Os potenciómetros utilizados en aplicacións que requiren disipación de grandes potencias ou funcionamento a tensións ou correntes elevadas chámanse reóstatos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: potenciómetros

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]