Portumno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Portumno era o nome dun deus mariño adorado nas costas de Italia, principalmente entre os etruscos e romanos.

Identificábano con Palemón ou Melicertes e algunhas veces con Neptuno. Presidía as entradas principalmente dos portos e por iso representábano empuñando unha chave. Esta divindade mariña pertence á mitoloxía da antiga Italia e no porto do Tíber tiña un templo no cal o 17 de agosto de cada ano se celebraban as festas chamadas Portumnalia.